martes, 21 de abril de 2009

Rincón das sementes e aromáticas

Neste rincón temos unha exposición de plantas aromáticas secas, herbas, sementes, conchas e algas, ... que se foron recopilando ao longo dos cursos pasados, feito por alumnado do centro, e que pretende seguir crecendo.

aparellos con placas

O luns, 20 de abril, Claudia de quinto de primaria apareceu con este tren que fuuniona con placas solares, axudoulle a súa irmá Ana e a súa nai. Este tren é unha maravilla: da voltas, aparece e desaparece, ten uns personaxes que soben as escaleiras, saen por unha ventá, van subidos nun vagón,...toda unha obra de arte.

viernes, 17 de abril de 2009

os maiores fan bonecas de millo

Este alumnado fixo cousas tan fermosas coma estas.
Como vedes puxéronlle imaxinación.

jueves, 16 de abril de 2009

visita ao parque de Sotavento (09)

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

actividades 09 (no río Xunco)


Este outono observamos o estado do noso río: acidez da auga, contaminación, fauna máis abundante, velocidade do caudal, esquema-debuxo dun cachiño(desde o muíño do Pernán ata o do Mornelo) e moitas outras actividades. En maio volveremos a visitalo, pasámolo moi ben e mollámonos máis.

actividades 09 (mosaico)

Estes días estamos facendo un trozo de mosaico co motivo de: " amor e paz". Aquí vemos os de quinto traballando a tope, os primeiros días é moi divertido, pero logo ...

visita a exposición "biodiversidade"

actividades natura 09

Estes días o alumnado de 2º e 3º ciclo anda moi animado a facer aparellos con placas solares. Aquí tedes aos de cuarto cun barco e unha fonte que sube auga cando a placa está ao sol.

martes, 14 de abril de 2009

actividades 09

Os de cuarto de primaria están plantando patacas na súa parcela do invernadoiro

Infantil planta un bulbo (marzo 09)

O alumnado de infantil segue as explicacións da profesora

Actividades 09

Vendo o funcionamento dun batán

Vendo funcionar o muíño

Visita a Finca Galea
O alumnado de infantil e primeiro ciclo, visitaron estes días a Finca Galea como complemento do traballo que están facendo sobre a auga no proxecto deste ano "Os muíños do río Xunco"




miércoles, 8 de abril de 2009

os protagonistas de natura 08

memoria 08

Cando redactamos o proxecto propoñiamos sistematizar o traballo de:
1. Estudar o río Xunco: a súa descrición física, as características do bosque de ribeira, as construcións, a fauna e a flora, a contaminación e as características de caudal, canle, velocidade da auga...
E fixemos varias visitas ao río Xunco en distintas estacións, para facer todas estas actividades, que resultaron moi interesantes e que supuxeron un maior coñecemento do río da nosa localidade e unha maior sensibilización cara ao seu coidado.

2. A construción de aparellos que funcionen con enerxías alternativas: elementos que funcionan con enerxía solar ou con enerxía eólica e outras renovables.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo implicouse moito nesta actividade, que consistía no deseño de aparellos que puidesen funcionar con enerxías alternativas, moitos deles con placas fotovoltaicas e que logo na súa realización foron axudados polo profesorado, pais, nais e irmáns.
3. Toda a fachada principal do centro vai levar un mosaico de tres metros de altura, coa temática: as árbores, a terra, a auga, o aire, o mar, o amor e a solidariedade, pensamos dividila en cinco partes e este curso realizariamos a quinta parte, que se correspondería coa temática “a auga e a terra”.
Temos moi avanzada esta parte do mosaico, o alumnado de sexto de primaria que está implicado na súa realización está moi motivado con esta actividade e teñen unha especial habilidade para facelo ben. Faise en horario de plástica e tamén en momentos que serven para cambiar da actividade rutinaria de aula.

4. Mantemento dos espazos e das actividades que viñamos realizando no Centro: compostoiro, xardín, invernadoiro, reciclado de papel, e obradoiros de xoguetes con material de refugallo.

aparellos con placas solares

Este ano foi o ano que traballamos na elaboración de aparellos e xoguetes que funionasen empregando placas solares e outras enerxías renovábeis.

alumnado natura 07

memoria natura 07

Este ano fixemos:
- Plantación de árbores autóctonas diferentes ás xa existentes no entorno do centro. na escola sobre elas.
- Elaboración duns paneis en cerámica, coa rotulación dos nomes vulgar e científico de cada árbore e debuxo da mesma con flor, froita e folla.

- Plantación de aromáticas e medicinais que aínda non temos nun rincón existente xa no centro: ruda, romero repens, menta, menta piperita, santolina, tomillo limón, orégano, manzanilla, melisa, valeriana, herba luisa,..
-Os de infantil e 1º ciclo fixeron unhas bolsas de tela, cosidas e decoradas para conter distintos tipos de aromáticas e medicinais.

- Realización dun libro entre todo o alumnado do centro, seguindo un modelo ou formato común para todos, coas características, propiedades e usos das plantas medicinais investigadas.


- Toda a fachada principal do centro vai levar un mosaico de tres metros de altura, coa temática: as árbores, a terra, a auga, o aire, o mar, o amor e a solidariedade. Este ano tocounos “as árbores”.

- Estudio das condicións climáticas da nosa zona, a través do estudio e a observación, e empregando os instrumentos que nos proporciona a caseta meteorolóxica.
O alumnado de infantil fixo observacións directa do tempo atmosférico, recollendo en fichas os días de sol, nubes, choiva e outros días onde se mezclaban día,sol, nubes..., por períodos semanais, recollendo logo todo nun libro.
Os de 1º ciclo estudiaron os elementos básicos da caseta meteorolóxica , manexo, funcionamento e utilidade de veletas, termómetros, pluviometro e otros. E logo fixeron unha recollida de datos do pluviómetro en litros por metro cuadrado.
Os de terceiro ciclo, observaron nos termómetros de máximos e mínimos, no termómetro, no pluviómetro e logo rexistraron as distintas temperaturas e precipitacións e con estas fixeron climogramas e tiraron conclusións.

- Fixemos un obradoiro sobre enerxías alternativas “a voltas coa enerxía”, onde traballaron a enerxía solar e do vento: medición de enerxía, a luz e na sombra, nunha placa solar, práctica cun coche de xoguete que leva unha placa solar, fixeron un muíño de vento de papel, mediron a voltaxe de pilas de distintos tamaños e viron un vídeo sobre enerxías renovables.


- Fixemos unha práctica de como era a elaboración do mel. O alumnado de infantil e primeiro ciclo desprazouse ao pobo veciño da Senra para observar todo o proceso de elaboración.

Un resumo do que fixemos ata o 2008

Durante estes últimos anos viñemos facendo actuacións a través do programa Voz Natura, para mellorar os espazos do centro, reducindo asfalto, creando xardíns e zonas verdes, espazos de xogo, zonas de plantación de árbores autóctonas, colocación de niños, construción dunha charca e un invernadoiro, poñendo un sistema para regar con auga de chuvia, en funcionamento un compostoiro, zonas de xogo para infantil, colocación de xardineiras, construción dun mosaico para unha parede lateral e o fronte do colexio, recollida selectiva de papel e pilas, elaboración de papel reciclado, de papel maché para facer carautas, cartón pedra para facer cabezudos, reutilizando os libros de texto e outro tipo de materiais educativos dun ano para outro, creando un souto, acondicionamos unha zona para colectores de distintos residuos, investigamos sobre a compostaxe e a problemática dos incendios forestais, acondicionamos un patio interior con plantas rubideiras, continuamos coa plantación de árbores autóctonas que aínda non tiñamos e a colocación duns paneis grandes co nome científico e vulgar das plantas, cunha plantación de aromáticas e medicinais, co seguimento do tempo atmosférico e a súa influencia nas plantacións axudándonos da caseta meteorolóxica, e este último ano estudamos baixo varias perspectivas o río do noso pobo e a construción de aparellos que funcionen con enerxías alternativas e continuamos cos traballos empezados os anos anteriores.

murais de voz natura

memoria natura 06

- Fixemos nun rincón do colexio, unha zona onde recollemos papel, vidro, plásticos..., limitada por un cerre de madeira, que esconde contedores e que irá decorada con debuxos que xa teñen feitos os nenos e nenas onde se exprica o que se debe facer e que debe conter.
- Fixemos unha investigación, empregando as novas tecnoloxías, sobre o que era a compostaxe, as fases da mesma, as regras para elaborar un bo compost, sobre as características dos materias para a súa fácil ou difícil descomposición,... e con todo o material recollido elaboramos murais para a difusión do seu contido.
- E investigaron sobre as causas e efectos dos incendios forestais, posible medios de prevención, o nivel de risco e problemática dos incendios na zona onde vivimos... e deron a coñecer ao resto da comunidade educativa os seus descubrimentos
- Tiveron entrevistas cun garda forestal, co xefe de protección civil do concello, co concelleiro de medio ambente...
- Foron ver unha demostración dos medios que ten protección civil e do modo de actuar destes diante do lume...
- Temos elaborado o debuxo dun novo mosaico que ocupará toda a parte dianteira do centro ata unha altura de tres metros. A súa temática é o medio ambente, o mar e os valores de solidariedade e cooperación. Este ano temos feita a parte que se refire ó mar.
- E plantamos rasais, glicinas e plantas trepadoras todo arredor do patio interior, en macetas e suxeitas ás paredes con abrazadeiras.
- Repuxemos a maioría dos castiñeiros do souto, que secaran o verán pasado.
- No invernadoiro, temos as parcelas de tódolos ciclos plantadas, unhas con bulbos de flores, outras con fresas, cebolas, allos, acelgas, etc.
- Continuamos con obradoiros de reciclaxe, concretamente fixemos un de carautas, un de encadernación e un de cestería.

facendo un souto (ano 05)


memoria 05

Cando redactamos o proxecto propoñiamos a creación dun souto ou carballeira nunha finca lindante ao colexio que estaba a bravo.
As actividades estiveron relacionadas cos seguintes aspectos:
1. Limpeza e acondicionamento da finca.
Cortamos a maleza e preparamos o chan para a plantación coa axuda do Concello e dalgunha familia do alumnado.
Distribuímos as árbores a plantar.
Plantamos 6 carballos, 6 esvedros, 6 castiros e 2 acivros.
Estamos realizando o estudio das árbores, as súas características, coidados, usos e aproveitamentos.
Estudamos como e cando plantar.
Faremos o seguimento e coidado da plantación. Limpeza da finca.
Estamos realizando carteis rotulando co nome vulgar en galego, nome científico e data de plantación.
A realización dun obradoiro para construír caixa para niños de paxaros e comedeiros levarémola a cabo no principio do curso próximo pois non nos deu tempo a realizalo .
Mantivemos os espazos e as actividades que viñamos realizado no Centro: composteiro, charca, xardín, invernadoiro, reciclado, recuperación , reutilización e obradoiro do papel.

fotos proxecto natura 04

martes, 7 de abril de 2009

natura 04

Cando redactamos o proxecto propoñiamos obxectivos e actividades relacionados cos seguintes aspectos:
1. Fixemos unha recollida de todo tipo de papel ( branco, de periódico, revistas, cartón, etc..) dándolles varios destinos:
- Reutilización para traballos de aula.
- Depósito en contedores do Concello para o seu reciclado.
- Reciclado feito no centro.
- Para ser usado no obradoiro de papel creado no Colexio.
2. Utilizamos papel e tinta reciclada no eido administrativo.
3. Reutilizamos revistas e folletos publicitarios de distintos productos para facer murais, monografías e complementos de unidades didácticas.
No local dos obradoiros estamos dispoñendo unha zona con andeis para posteriormente poñer contedores cos distintos materiais para o taller de reciclado e obradoiro do papel e na aula habilitamos unha zona para os materiais a reutilizar.
4. Estamos levando a cabo parte dos obxectivos marcados na ecoauditoría do papel que está realizándose durante este curso.
5. Melloramos ambientalmente algúns espacios como o parque infantil e zonas de plantación de árbores con elementos naturais.
6. Mantivemos os espacios e as actividades que viñamos realizado no Centro: composteiro, charca, xardín, invernadoiro,...
7. Puxemos en práctica un obradoiro do papel.
Este obradoiro tivo as seguintes actividades:
• Elaboración de papel reciclado con papel branco, de cor, de xornal e con cartón.
• Elaboración de carautas reutilizando papel de periódico.
• Realización de cabezudos.
• Fixemos monicreques con pasta de papel e confeccionamos os vestidos con
telas usadas.