lunes, 23 de noviembre de 2009

Obradoiros en Mondoñedo

O venres 20 de novembro estivemos de excursión en Mondoñedo.
Estivemos vendo distintos obradoiros.
O de alfareiro ensinounos a utilidade de distintas pezas, a facer pezas a man, nun torno antigo, nun torno eléctrico e logo experimentamos a facer algo en barro-
No de serigrafía pintamos un motivo moi fermoso e trouxemos a nosa obra para a casa.
No de títeres ensinounos a montar o escenario, como se facían os títeres,...
No de zoqueiro vimos como se facía unha zoca ao xeito tradicional, e mostras de distintos tipos de zocas...
E por último no de pasterleiría fixemos uns debuxos con chocolate e logo borrámolos coa lingua, estaban riquísimos.

jueves, 19 de noviembre de 2009

premio voz natura de Lugo 09

O ano 2009 foi o do premio provincial para o ceip de Cervo. Aquí vemos ao profesorado montando a exposición na Coruña