miércoles, 20 de mayo de 2009

outra foto para a prensa

Aquí estamos alumnado e profesorado, ao lado dos aparellos con placas solares, na entrada do noso colexio de Cervo.

Temos o premio provincial de voz natura

Hoxe viñéronos quitar unha foto os da Voz de Galicia, saímos todos e todas, somos premio voz natura da provincia de Lugo. Menudo alegrón.

jueves, 14 de mayo de 2009

premio voz natura 09

¡ESTAMOS DE NORABOA!
- COMUNICÁRONNOS POR TELÉFONO QUE NOS CONCEDÍAN O PREMIO PROVINCIAL DESTE ANO DE VOZ NATURA.
- ESTE ANO NA FESTA DO 6 DE XUÑO, NA CORUÑA, O NOSO CENTRO SUBIRÁ A RECOLLER UN PREMIO.
- XA VOS INFORMAREMOS EN QUE CONSISTE.

Mais xogos con placas solares

Hoxe 14 de maio, Kevin un alumno de 5º chegounos con este fermoso tiovivo feito con moitísima cor, con bonecos de xoguete, e sobre todo con moita imaxinación.

tiovivo de Kevin de quinto


miércoles, 6 de mayo de 2009

animais e plantas en perigo de extinción

Estes días temos no centro unha pequena mostra de flora e fauna que están en perigo de desaparecer e polo tanto de diminuir a nosa biodiversidade

actividades de maio 09

O alumnado de terceiro de primaria, fixo este fermoso campo de xirasoles. Dous levan placas solares e teñen vida. Forman un conxunto precioso no que non faltan nin as pipas.

os xirasoles