miércoles, 8 de abril de 2009

memoria 08

Cando redactamos o proxecto propoñiamos sistematizar o traballo de:
1. Estudar o río Xunco: a súa descrición física, as características do bosque de ribeira, as construcións, a fauna e a flora, a contaminación e as características de caudal, canle, velocidade da auga...
E fixemos varias visitas ao río Xunco en distintas estacións, para facer todas estas actividades, que resultaron moi interesantes e que supuxeron un maior coñecemento do río da nosa localidade e unha maior sensibilización cara ao seu coidado.

2. A construción de aparellos que funcionen con enerxías alternativas: elementos que funcionan con enerxía solar ou con enerxía eólica e outras renovables.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo implicouse moito nesta actividade, que consistía no deseño de aparellos que puidesen funcionar con enerxías alternativas, moitos deles con placas fotovoltaicas e que logo na súa realización foron axudados polo profesorado, pais, nais e irmáns.
3. Toda a fachada principal do centro vai levar un mosaico de tres metros de altura, coa temática: as árbores, a terra, a auga, o aire, o mar, o amor e a solidariedade, pensamos dividila en cinco partes e este curso realizariamos a quinta parte, que se correspondería coa temática “a auga e a terra”.
Temos moi avanzada esta parte do mosaico, o alumnado de sexto de primaria que está implicado na súa realización está moi motivado con esta actividade e teñen unha especial habilidade para facelo ben. Faise en horario de plástica e tamén en momentos que serven para cambiar da actividade rutinaria de aula.

4. Mantemento dos espazos e das actividades que viñamos realizando no Centro: compostoiro, xardín, invernadoiro, reciclado de papel, e obradoiros de xoguetes con material de refugallo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario