Onde pretendemos mostrar os traballos que o noso centro fai para millorar a nosa concienciación pola conservación e millora da natureza
viernes, 11 de diciembre de 2009
lunes, 23 de noviembre de 2009
Obradoiros en Mondoñedo
Estivemos vendo distintos obradoiros.
O de alfareiro ensinounos a utilidade de distintas pezas, a facer pezas a man, nun torno antigo, nun torno eléctrico e logo experimentamos a facer algo en barro-
No de serigrafía pintamos un motivo moi fermoso e trouxemos a nosa obra para a casa.
No de títeres ensinounos a montar o escenario, como se facían os títeres,...
No de zoqueiro vimos como se facía unha zoca ao xeito tradicional, e mostras de distintos tipos de zocas...
E por último no de pasterleiría fixemos uns debuxos con chocolate e logo borrámolos coa lingua, estaban riquísimos.
jueves, 19 de noviembre de 2009
premio voz natura de Lugo 09
miércoles, 20 de mayo de 2009
outra foto para a prensa
Temos o premio provincial de voz natura
jueves, 14 de mayo de 2009
premio voz natura 09
- COMUNICÁRONNOS POR TELÉFONO QUE NOS CONCEDÍAN O PREMIO PROVINCIAL DESTE ANO DE VOZ NATURA.
- ESTE ANO NA FESTA DO 6 DE XUÑO, NA CORUÑA, O NOSO CENTRO SUBIRÁ A RECOLLER UN PREMIO.
- XA VOS INFORMAREMOS EN QUE CONSISTE.
Mais xogos con placas solares
miércoles, 6 de mayo de 2009
animais e plantas en perigo de extinción
actividades de maio 09
martes, 21 de abril de 2009
aparellos con placas
viernes, 17 de abril de 2009
jueves, 16 de abril de 2009
actividades 09 (no río Xunco)
actividades 09 (mosaico)
martes, 14 de abril de 2009
miércoles, 8 de abril de 2009
memoria 08
1. Estudar o río Xunco: a súa descrición física, as características do bosque de ribeira, as construcións, a fauna e a flora, a contaminación e as características de caudal, canle, velocidade da auga...
E fixemos varias visitas ao río Xunco en distintas estacións, para facer todas estas actividades, que resultaron moi interesantes e que supuxeron un maior coñecemento do río da nosa localidade e unha maior sensibilización cara ao seu coidado.
2. A construción de aparellos que funcionen con enerxías alternativas: elementos que funcionan con enerxía solar ou con enerxía eólica e outras renovables.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo implicouse moito nesta actividade, que consistía no deseño de aparellos que puidesen funcionar con enerxías alternativas, moitos deles con placas fotovoltaicas e que logo na súa realización foron axudados polo profesorado, pais, nais e irmáns.
Temos moi avanzada esta parte do mosaico, o alumnado de sexto de primaria que está implicado na súa realización está moi motivado con esta actividade e teñen unha especial habilidade para facelo ben. Faise en horario de plástica e tamén en momentos que serven para cambiar da actividade rutinaria de aula.
4. Mantemento dos espazos e das actividades que viñamos realizando no Centro: compostoiro, xardín, invernadoiro, reciclado de papel, e obradoiros de xoguetes con material de refugallo.
memoria natura 07
Este ano fixemos:
- Plantación de árbores autóctonas diferentes ás xa existentes no entorno do centro. na escola sobre elas.
- Elaboración duns paneis en cerámica, coa rotulación dos nomes vulgar e científico de cada árbore e debuxo da mesma con flor, froita e folla.
- Plantación de aromáticas e medicinais que aínda non temos nun rincón existente xa no centro: ruda, romero repens, menta, menta piperita, santolina, tomillo limón, orégano, manzanilla, melisa, valeriana, herba luisa,..
-Os de infantil e 1º ciclo fixeron unhas bolsas de tela, cosidas e decoradas para conter distintos tipos de aromáticas e medicinais.
- Realización dun libro entre todo o alumnado do centro, seguindo un modelo ou formato común para todos, coas características, propiedades e usos das plantas medicinais investigadas.
- Toda a fachada principal do centro vai levar un mosaico de tres metros de altura, coa temática: as árbores, a terra, a auga, o aire, o mar, o amor e a solidariedade. Este ano tocounos “as árbores”.
- Estudio das condicións climáticas da nosa zona, a través do estudio e a observación, e empregando os instrumentos que nos proporciona a caseta meteorolóxica.
O alumnado de infantil fixo observacións directa do tempo atmosférico, recollendo en fichas os días de sol, nubes, choiva e outros días onde se mezclaban día,sol, nubes..., por períodos semanais, recollendo logo todo nun libro.
Os de 1º ciclo estudiaron os elementos básicos da caseta meteorolóxica , manexo, funcionamento e utilidade de veletas, termómetros, pluviometro e otros. E logo fixeron unha recollida de datos do pluviómetro en litros por metro cuadrado.
Os de terceiro ciclo, observaron nos termómetros de máximos e mínimos, no termómetro, no pluviómetro e logo rexistraron as distintas temperaturas e precipitacións e con estas fixeron climogramas e tiraron conclusións.
- Fixemos un obradoiro sobre enerxías alternativas “a voltas coa enerxía”, onde traballaron a enerxía solar e do vento: medición de enerxía, a luz e na sombra, nunha placa solar, práctica cun coche de xoguete que leva unha placa solar, fixeron un muíño de vento de papel, mediron a voltaxe de pilas de distintos tamaños e viron un vídeo sobre enerxías renovables.
- Fixemos unha práctica de como era a elaboración do mel. O alumnado de infantil e primeiro ciclo desprazouse ao pobo veciño da Senra para observar todo o proceso de elaboración.
Un resumo do que fixemos ata o 2008
Durante estes últimos anos viñemos facendo actuacións a través do programa Voz Natura, para mellorar os espazos do centro, reducindo asfalto, creando xardíns e zonas verdes, espazos de xogo, zonas de plantación de árbores autóctonas, colocación de niños, construción dunha charca e un invernadoiro, poñendo un sistema para regar con auga de chuvia, en funcionamento un compostoiro, zonas de xogo para infantil, colocación de xardineiras, construción dun mosaico para unha parede lateral e o fronte do colexio, recollida selectiva de papel e pilas, elaboración de papel reciclado, de papel maché para facer carautas, cartón pedra para facer cabezudos, reutilizando os libros de texto e outro tipo de materiais educativos dun ano para outro, creando un souto, acondicionamos unha zona para colectores de distintos residuos, investigamos sobre a compostaxe e a problemática dos incendios forestais, acondicionamos un patio interior con plantas rubideiras, continuamos coa plantación de árbores autóctonas que aínda non tiñamos e a colocación duns paneis grandes co nome científico e vulgar das plantas, cunha plantación de aromáticas e medicinais, co seguimento do tempo atmosférico e a súa influencia nas plantacións axudándonos da caseta meteorolóxica, e este último ano estudamos baixo varias perspectivas o río do noso pobo e a construción de aparellos que funcionen con enerxías alternativas e continuamos cos traballos empezados os anos anteriores.
memoria natura 06
- Fixemos nun rincón do colexio, unha zona onde recollemos papel, vidro, plásticos..., limitada por un cerre de madeira, que esconde contedores e que irá decorada con debuxos que xa teñen feitos os nenos e nenas onde se exprica o que se debe facer e que debe conter.
- Fixemos unha investigación, empregando as novas tecnoloxías, sobre o que era a compostaxe, as fases da mesma, as regras para elaborar un bo compost, sobre as características dos materias para a súa fácil ou difícil descomposición,... e con todo o material recollido elaboramos murais para a difusión do seu contido.
- E investigaron sobre as causas e efectos dos incendios forestais, posible medios de prevención, o nivel de risco e problemática dos incendios na zona onde vivimos... e deron a coñecer ao resto da comunidade educativa os seus descubrimentos
- Tiveron entrevistas cun garda forestal, co xefe de protección civil do concello, co concelleiro de medio ambente...
- Foron ver unha demostración dos medios que ten protección civil e do modo de actuar destes diante do lume...
- Temos elaborado o debuxo dun novo mosaico que ocupará toda a parte dianteira do centro ata unha altura de tres metros. A súa temática é o medio ambente, o mar e os valores de solidariedade e cooperación. Este ano temos feita a parte que se refire ó mar.
- E plantamos rasais, glicinas e plantas trepadoras todo arredor do patio interior, en macetas e suxeitas ás paredes con abrazadeiras.
- Repuxemos a maioría dos castiñeiros do souto, que secaran o verán pasado.
- No invernadoiro, temos as parcelas de tódolos ciclos plantadas, unhas con bulbos de flores, outras con fresas, cebolas, allos, acelgas, etc.
- Continuamos con obradoiros de reciclaxe, concretamente fixemos un de carautas, un de encadernación e un de cestería.
memoria 05
Cando redactamos o proxecto propoñiamos a creación dun souto ou carballeira nunha finca lindante ao colexio que estaba a bravo.
As actividades estiveron relacionadas cos seguintes aspectos:
1. Limpeza e acondicionamento da finca.
Cortamos a maleza e preparamos o chan para a plantación coa axuda do Concello e dalgunha familia do alumnado.
Distribuímos as árbores a plantar.
Plantamos 6 carballos, 6 esvedros, 6 castiros e 2 acivros.
Estamos realizando o estudio das árbores, as súas características, coidados, usos e aproveitamentos.
Estudamos como e cando plantar.
Faremos o seguimento e coidado da plantación. Limpeza da finca.
Estamos realizando carteis rotulando co nome vulgar en galego, nome científico e data de plantación.
A realización dun obradoiro para construír caixa para niños de paxaros e comedeiros levarémola a cabo no principio do curso próximo pois non nos deu tempo a realizalo .
Mantivemos os espazos e as actividades que viñamos realizado no Centro: composteiro, charca, xardín, invernadoiro, reciclado, recuperación , reutilización e obradoiro do papel.
martes, 7 de abril de 2009
1. Fixemos unha recollida de todo tipo de papel ( branco, de periódico, revistas, cartón, etc..) dándolles varios destinos:
- Reutilización para traballos de aula.
- Depósito en contedores do Concello para o seu reciclado.
- Reciclado feito no centro.
- Para ser usado no obradoiro de papel creado no Colexio.
2. Utilizamos papel e tinta reciclada no eido administrativo.
3. Reutilizamos revistas e folletos publicitarios de distintos productos para facer murais, monografías e complementos de unidades didácticas.
No local dos obradoiros estamos dispoñendo unha zona con andeis para posteriormente poñer contedores cos distintos materiais para o taller de reciclado e obradoiro do papel e na aula habilitamos unha zona para os materiais a reutilizar.
4. Estamos levando a cabo parte dos obxectivos marcados na ecoauditoría do papel que está realizándose durante este curso.
5. Melloramos ambientalmente algúns espacios como o parque infantil e zonas de plantación de árbores con elementos naturais.
6. Mantivemos os espacios e as actividades que viñamos realizado no Centro: composteiro, charca, xardín, invernadoiro,...
7. Puxemos en práctica un obradoiro do papel.
Este obradoiro tivo as seguintes actividades:
• Elaboración de papel reciclado con papel branco, de cor, de xornal e con cartón.
• Elaboración de carautas reutilizando papel de periódico.
• Realización de cabezudos.
• Fixemos monicreques con pasta de papel e confeccionamos os vestidos con telas usadas.