lunes, 19 de noviembre de 2012


O DIA/MES DA CIENCIA EN GALEGO NO CEIP DE CERVO
-          Empezamos na biblioteca do centro adicándolle este mes á figura de LEONARDO DA VINCI.
-          A partires desta iniciativa organizamos unha exposición de libros relacionados con este autor/artista/…
-          Elaboramos unha ficha de traballo para o alumnado do segundo e terceiro ciclo para que fora investigando e buscando información sobre este autor, nos libros expostos  e a través da informática.
-          O alumnado de segundo ciclo fixo pinturas relacionadas co traballo de Leonardo.
-          Durante este mes nos recreos o alumnado pasa a ver vídeos sobre a vida e os inventos de Leonardo.
-          O alumnado de terceiro ciclo constrúe diversos inventos de Leonardo: Unha especie de helicóptero, unha ponte móbil (ábrese para que pasen os barcos), accionada por unha polea con cordas, e unha ponte desmontable con 14 madeiros que non necesitan ningunha atadura.
-          O alumnado de infantil está moi motivado traballando as pancas e as balanzas que tanto empregara Leonardo nos seus inventos. O conserxe do centro fíxonos material para experimentar con pancas e incluso planos inclinados, que xunto con outro material do centro como balanzas,… teñen a este alumnado moi ocupado en investigar sobre estas máquinas simples.
-          Polo que se refire ao día cinco vamos organizar unha tarde chea de experimentos, por exemplo os de cuarto de primaria farán unha demostración sobre o funcionamento dunha dínamo, a roda e a electricidade. Os de sexto de primaria construirán e explicarán as maquetas de pontes e obxectos voadores, os de quinto farán paracaídas de distintas dimensións e comprobarán como estas inciden no seu voo; os de terceiro tentarán escribir como Leonardo é dicir ao revés, a través de tres fases, unha primeira sen axuda, a segunda coa axuda dun espello e a terceira coa axuda dun programa de ordenador, e os de infantil farán algún experimento con pancas.
-          Durante este mes tódolos ciclos están traballando tamén ás máquinas simples a través dos materiais que xa dixemos e levando exemplos de pancas(tesoiras, balancín, alicates, carretillas, cascanoces, pinzas,…) , planos inclinados, poleas e engranaxes ás clases.

martes, 11 de mayo de 2010



Este ano acabamos de facer o que empezamos o ano pasado

As nosas fontes

Estamos facendo coa participación de todo o alumnado, distribuido en equipos por parroquias, un traballo de investigación sobre as fontes do noso concello, coa participación tamén de toda a comunidade educativa (adxuntamos modelos de entrevistas ás familias e viciños e tamén de observación das fontes). Co traballo recollido estamos en proceso de elaborar distintos traballos: libros, murais, actividades LIM para o ordenador... Tamén procuramos dentro desta actividad traballar o obxectivo da biodiversidade.
Partimos de facer un rincón na biblioteca do centro onde aparece un mural-mapa do concello onde pretendemos situar fotos e información de tódalas fontes, ademais colocamos neste rincón toda a información que necesitamos para a elaboración do traballo.